As estatuas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo exhibiranse no Museo do Pobo Galego
O Concello de Santiago elixe este espazo como destino definitivo das pezas recuperadas da familia Franco
Álvaro Ballesteros-Europa Press-Archivo
O Museo do Pobo Galego será o destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo, que regresaron a Santiago o pasado mes de decembro tras permanecer durante máis de sete décadas en poder da familia de Francisco Franco.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, explicou que a decisión se tomou tras avaliar diferentes propostas co asesoramento de persoas expertas. Segundo indicou, o museo é o espazo que mellor permite combinar o valor artístico da esculturas coa memoria do proceso de recuperación dun parimonio que pertencía á cidade.
As dúas pezas instalaranse na nova ala do Museo do Pobo Galego, xunto con outras obras destacadas dos fondos composteláns, nun espazo aberto á cidade.