Publicador de contidos

Publicador de contidos

As estafas do bizum inverso, as máis perigosas

As estafas do bizum inverso, as máis perigosas

Co bizum inverso o estafador pode solicitar os cartos a través de diferentes canles: redes sociais, compras en liña, etc.

Hai que ler ben as mensaxes recibidas, non aceptar pagos sen verificar, nin compartir datos persoais ou bancarios con descoñecidos

Se somos vítimas dalgún cibercalote, debemos xuntar todas as probas posibles e denunciar na Policía

G24.gal 02/01/2026 15:02 Última actualización 02/01/2026 18:48

A maior parte das estafas realizadas mediante Bizum teñen que ver cos anuncios fraudulentos realizados en plataformas de compravenda entre particulares, pero tamén noutras compras en liña.

"Neste caso os delincuentes pagan usando o noso número de móbil e logo intentan que nós lles aportemos as claves que recibimos no noso móbil, e que validarían ese pago", di Inés Amor, voceira da Policía Nacional.

As mensaxes poden chegar a través de diferentes canles. O Bizum inverso é a estafa máis perigosa. 

"O estafador simula que nos está a pagar mediante Bizum e realmente está a usar a outra opción que nos dá a aplicación: a opción de solicitar pago, non de envialo. Unha vez que aceptamos, estamos a enviarlle nós os cartos, non a recibilos. Por iso debemos de ter moito ollo e ir moi amodo á hora de realizar estas transaccións", engade. 

Se somos vítimas dalgún cibercalote, debemos xuntar todas as probas posibles.

"Número de teléfono, capturas de pantalla das conversas mantidas, extractos bancarios das operacións realizadas. Con todo iso, acudir a dependencias policiais e denunciar o acontecido", di Amor.

Lembren ler ben as mensaxes recibidas, non aceptar pagos sen verificar, nin compartir datos persoais ou bancarios con descoñecidos. O maior risco non está na plataforma, senón no mal uso que podemos darlle. 



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade