Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas incorporan a intelixencia artificial aos seus fluxos de traballo

As empresas incorporan a intelixencia artificial aos seus fluxos de traballo

A automatización dos procesos con IA reduce os custos e automatiza as tarefas

A implementación da IA no marketing dixital centrou o Raiola Marketing Conference

G24.gal 27/09/2025 21:07 Última actualización 27/09/2025 21:34

Segundo un estudo do Banco de España, o 20% das empresas españolas xa utiliza sistemas de intelixencia artificial, unha tecnoloxía que permite automatizar tarefas, optimizar procesos internos e reducir custos. Na Coruña, o uso da IA no sector do márketing dixital centrou o oitavo congreso anual de Raiola Networks.

Valentín Ayesa é experto en intelixencia artificial e en automatizacións. Para comprender mellor en que consiste o seu traballo ofrécenos a experiencia real dun cliente, unha empresa de organización de viaxes superada por unha inxente cantidade de correos electrónicos. Un axente de IA asumiu a xestión das mensaxes despois de analizar mil emails.

"Dixémoslle á IA como se tiña que comportar e pedímoslle que realizase os borradores dos emails para que os revisase unha persoa antes de envialos. A IA prepara o borrador do correo, a persoa encargada recibe unha notificación. Se o correo está ben envíao e se está mal corríxeo. A IA aprende desa corrección", explica Ayesa.

É un exemplo de como as automatizacións con intelixencia artificial optimizan o traballo, liberan tempo e aumentan o valor dos traballadores.

"Hoxe en día as persoas fan moitas tarefas repetitivas. Nós traballamos para evitar que os empregados fagan eses traballos que teñen moi pouco valor para que poidan realizar outros máis valiosas para a empresa", argumenta.

Valentín Ayesa considera irrenunciable a supervisión humana e imprescindible definir con claridade os límites éticos. O programador gaditano foi un dos relatores da oitava edición Raiola Marketing Conference, que reuniu na Coruña máis de seiscentos profesionais do márketing dixital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade