Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achégase o Black Friday, con previsión de menos gasto

Achégase o Black Friday, con previsión de menos gasto

A dúas semanas practicamente do venres negro, hai comercios que xa empezaron coas rebaixas

Os galegos gastaremos este ano uns 240 euros por persoa, un 20 por cento menos que o ano pasado 

G24.gal 15/11/2025 20:31 Última actualización 15/11/2025 21:13

O 28 de novembro é a data oficial do venres negro este ano, pero xa hai quen se adiantou para estirar a campaña comercial, unha das máis importantes do ano.

Jorge S. Bermello, electrodomésticos: "É unha época na que poden entrar novos clientes na tenda. Unha boa oportunidade para fidelizalos".

A tecnoloxía concentra máis do 40% das vendas. Teléfonos móbiles, informática e electrodomésticos de última xeración.

"Vívese intensamente porque tamén é o pre-Nadal. A xente xa compra presentes", comenta Sara Conde, xerente dunha tenda de electrodomésticos.

Segundo un estudo que acaba de publicar Cetelem, os galegos gastaremos neste Black Friday 236 euros de media, un 21% menos que o ano pasado.

"Eu non tiña pensado gastar moito pero xa merquei. Unha lavadora que me facía falta". "O mínimo. Unha chaqueta, uns pantalóns...", sinalan dous clientes.

A moda, roupa e calzado, son os produtos máis demandados.

"Eu moda. Encántame vestir, así que iría pola moda". "Roupa de temporada, de abrigo", comentan outros dous clientes.

A maioría dos galegos asegura que combinarán as tendas físicas coa compra online, que cae con respecto a outros anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade