Cargando resultados...
O conflito en Oriente Próximo afecta os plans de pensións
Os expertos recomendan evitar decisións impulsivas e revisar o perfil de risco do plan
G24.gal
10/03/2026 14:40
Os vaivéns das bolsas pola incerteza xeopolítica afecta os plans de pensións, sobre todo aqueles cunha maior exposición á renda variable.
Con todo, os expertos lembran que son un produto pensado para o longo prazo que tende a recuperarse cando volve a estabilidade financeira. Recomendan non tomar decisións precipìtadas. Aconsellan ademais revisar o perfil de risco do plan especialmente en función do tempo que queda para a xubilación.