Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas galegas mantiveron o 96 % do emprego na crise da covid-19

As empresas galegas mantiveron o 96 % do emprego na crise da covid-19

Aínda así, reduciron a súa facturación nun 15,5 % e os beneficios caeron un 69 %

As provincias máis castigadas foron A Coruña e Ourense, e a menos, Pontevedra

G24.gal 03/12/2022 14:16 Última actualización 03/12/2022 17:29

O impacto da pandemia deixou unha pegada forte nas empresas galegas durante o ano 2020. 

Segundo o informe da delegación galega do Instituto de Censores Xurados de Contas, que leva por título "Gañadores e perdedores na crise do coronavirus", as principais empresas privadas galegas reduciron a súa facturación nun 15,5 % e os beneficios caeron un 69 %.

Aínda así, conseguiron manter, no peor da pandemia, o 96 % do emprego.

"Por sectores, aumentaron a facturación as empresas de produción e distribución de produtos químicos, artigos de consumo, automoción e sanidade privada aumentaron os seus ingresos no ano 2020. Os máis prexudicados foron os sectores de turismo e ocio, téxtil e moda", di Andrés Lucendo, vicepresidente do Instituto de Censores Xurados de Contas.

En función do seu tecido empresarial, por provincias as máis castigadas pola pandemia foron A Coruña e Ourense; a menos afectada foi Pontevedra.

Segundo este informe, produciuse un menor impacto da crise en Galicia que a nivel nacional.

"O PIB galego só se reduciu un 9,1 %, en cambio  en España reduciuse un 11 %. Dependemos menos do sector turístico", asegura Andrés Lucendo.

Segundo o Instituto de Censores Xurados de Contas, a recuperación desa crise foi relativamente rápida grazas á intervención desde o primeiro momento das institucións proporcionando axudas ás empresas que lles permitiron manter o emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar