As empresas de peiteado e estética piden a baixada do IVE a un 10 %
Manifestación moteira e a pé en Vigo por un IVE do 10 %
Perderon case o 50 % da clientela e desapareceu o 35 % das empresas
15.000 empresas de peiteado e de estética desapareceron en España tras a crise do coronavirus. En Galicia a porcentaxe foi de entre un 30 e un 35 %.
Algúns salóns de peiteados perderon case a metade da súa clientela en Galicia. Este domingo centos de persoas protestaron polas rúas de Vigo, pídenlle ao Goberno central que lles baixe o IVE, algo aprobado por todos os partidos agás polo PSOE, segundo din.
Cruz Castro, de Vilagarcía, tivo que pechar en novembro o seu salón porque non cubría gastos. Queren que se lles baixe o IVE como se fixo con outros sectores.
Aos centros de estética foilles algo mellor.
A marcha mixta, a pé e en moto, rematou entre o farol de Urzáiz e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo.