Publicador de contidos

Publicador de contidos

As denuncias por violación aumentaron un 32,6 % en Galicia ata setembro

As denuncias por violación aumentaron un 32,6 % en Galicia ata setembro

G24.gal 07/11/2021 12:28

As denuncias de violación ou agresións sexuais con penetración aumentaron en Galicia un 32,6 por cento ata setembro en comparación co ano anterior, 2,6 puntos por riba da media, tras 61 denuncias neste período.

No cómputo total, os delitos contra a indemnidade sexual en Galicia aumentaron lixeiramente por encima da media, un 28,3 % (un punto máis), con 521 denuncias comparadas con setembro de 2020.

Os delitos contra a indemnidade sexual medraron en España un 27 %, suba que alcanza o 30 % tendo en conta só as violacións ou agresións con penetración, unha infracción penal que creceu en case todas as autonomías, pero máis en Asturias, Navarra, Estremadura e Castela-A Mancha.

Son datos que se desprenden do balance de criminalidade que esta semana fixo público o Ministerio do Interior, que cifra en 12.638 os delitos sexuais denunciados e coñecidos polas forzas de seguridade entre xaneiro e setembro, dos que 1.601 foron violacións.

No informe Interior destaca que "o incremento dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual debe poñerse en relación coas activas políticas que provocaron unha maior disposición das vítimas para denunciar estes delitos". Deste xeito, reducíronse os "niveis de infradenuncia" que poden existir nestes delitos, resalta o departamento que dirixe Fernando Grande- Marlaska.

Agresión sexual

Tendo en conta o total de delitos de agresión sexual, só en Navarra e A Rioxa rexistrouse un descenso, en concreto do 5 e do 7,4 por cento, respectivamente, mentres que os maiores incrementos nos feitos denunciados producíronse en Cantabria ( 56,1 por cento), en Aragón (53,6 por cento) e na Comunidade Valenciana (41,5 por cento).

Porén, cando só se analizan as agresións con penetración coñecidas polos corpos policiais, é Asturias a comunidade onde máis medran, a moita distancia do resto, cunha alza do 154,5 por cento.

Detrás sitúanse Navarra (un 78,6 de incremento), Estremadura (75 %) e Castela-A Mancha (74,2 %), fronte aos único descensos de Canarias (-6,8 %) e Murcia (-5,9 %).

En termos absolutos, Cataluña é a comunidade con máis denuncias por violación, con 462 ata setembro, case una de cada catro de todo o país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade