Publicador de contidos

Publicador de contidos

As demandas de divorcio chegan ao pico por culpa da covid–19

As demandas de divorcio chegan ao pico por culpa da covid–19

No 2020 en Galicia presentáronse preto de 4.000 demandas de divorcio

Tamén o seguiron facendo no primeiro semestre do 2021

O confinamento e a frustración pola covid–19 son os potenciadores da crise en parella

G24.gal 12/01/2022 21:14

Comeza a diminuír o gran número de demandas de divorcio posteriores ao confinamento e tamén da primeira parte do 2021.

En 2020, en Galicia presentáronse preto de 4.000 demandas de divorcio. Tamén o seguiron facendo no primeiro semestre do 2021.

Isto, segundo os psicólogos, debeuse ao confinamento, a teren que pasar máis tempo os matrimonios xuntos e a arrastraren unha frustración por causa da covid–19 que cargan na parella.

Coa recuperación en parte das vidas habituais antes da pandemia, segundo os últimos datos do Consello Xeral do Poder xudicial, as cifras de demandas comezan a baixar tras ese pico.

Distanciamentos, discusións e conflitos levan a moitas parellas a tomar a decisión de divorciarse. Son casos que se acumulan nos xulgados dende o confinamento.

Dende o verán do ano pasado, coa recuperación de parte das nosas vidas de antes, o alto número de demandas de disolución matrimonial a que chegamos comezou a diminuír.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade