Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confrarías españolas pídenlle á frota que quede en terra ata o 23 de marzo

As confrarías españolas pídenlle á frota que quede en terra ata o 23 de marzo

Un acordo ao que se chegou por unanimidade ata que se poidan reunir co Ministerio para coñecer as posibles medidas adoptadas por Bruxelas 

G24.gal 18/03/2022 21:56

A Federación Nacional de Confrarías pídelle a toda a frota que permaneza amarrada ata o día 23 de marzo, un acordo ao que se chegou por unanimidade.

Esa data ven marcada pola reunión entre o sector e o Ministerio e que terá como obxectivo coñecer as posibles medidas de Bruxelas, e as propostas que poida propoñer o Goberno para paliar a suba de prezos marcados pola crise dos combustibles. 

Despois desta xuntanza co ministro, o sector volverá reunirse para analizar se retoma o paro indefinido, ou non. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade