Publicador de contidos

Publicador de contidos

As compras nos pequenos comercios son ideais para os que buscan asesoramento

As compras nos pequenos comercios son ideais para os que buscan asesoramento

As tendas especializadas orientan os clientes sobre gustos e novidades

G24.gal 24/12/2022 14:38 Última actualización 24/12/2022 14:46

Ao  mesmo tempo que comezaba a guerra franco prusiana fundábase en Lugo esta libraría, hoxe en día a decana de Galicia. E segue en activo, os seus donos continúan orientando sobre lecturas, manuais e actualidade a clientes de todas as idades. É o asesoramento un dos factores que mellor identifica ao pequeno comercio.

Nesta tenda de xoguetes collemos os seus donos nun momento de repouso, logo duns días de moito choio. Estar nun barrio lonxe do centro non é un inconveniente para o seu traballo, porque demostran coñecelo moi ben.

Son establecementos especializados e moi apreciados polos clientes, non en van solucionaron agasallos aos lucenses durante varias xeracións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade