Publicador de contidos

Publicador de contidos

As axencias de viaxes da Coruña ofrecen experiencias turísticas singulares sen saír da cidade

As axencias de viaxes da Coruña ofrecen experiencias turísticas singulares sen saír da cidade

Saídas náuticas, visitas a museos ou espectáculos son algunhas das propostas

Estes paquetes estarán en venda ata o vindeiro outono

G24.gal 27/12/2021 21:28

Programar saídas náuticas pola Reserva da Biosfera Terras do Mandeo e Mariñas Coruñesas que se combinan con entradas para museos ou espectáculos na cidade da Coruña. É tan só unha das propostas que as axencias de viaxes da cidade ofertan cara á temporada turística de 2022.

A posta en valor do patrimonio material e inmaterial, do Camiño Inglés ou do turismo de compras en auxe na cidade, tamén figuran entre os paquetes turísticos deseñados polas axencias.

Vinte e dúas axencias participan nesta campaña promocional da cidade que conta coa colaboración do Concello da Coruña. Son paquetes turísticos que estarán á venda ata o vindeiro outono.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade