Publicador de contidos
Publicador de contidos

As aplicacións Whatsapp, Instagram e Facebook sofren unha caída mundial

As aplicacións Whatsapp, Instagram e Facebook sofren unha caída mundial

G24.gal 11/12/2024 21:04

As aplicacións Whatsapp, Instagram e Facebook, propiedades da multinacional Meta, sufriron unha caída mundial este mércores pola tarde.

No que respecta a Whatsapp, rexistráronse as primeiras incidencias minutos antes das 19:00 horas. Entre as queixas que se trasladaron principalmente, segundo o portal Downdetector, está a imposibilidade de enviar mensaxes a contactos, aínda que a caída parece non afectar da mesma maneira a todos os usuarios.

"Estamos ao tanto dalgúns problemas para acceder a WhatsApp. Estamos a traballar activamente para atopar unha solución e empezando a ver que a maioría das persoas volven á normalidade", aseguraron na aplicación a través dunha mensaxe na rede social X.

Así mesmo, tanto Facebook como Instagram tamén rexistraron caídas no seu servizo e no acceso ás propias aplicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade