Publicador de contidos

Publicador de contidos

As análises das augas residuais da Coruña detectan un grande aumento da variante ómicron

As análises das augas residuais da Coruña detectan un grande aumento da variante ómicron

Segundo os datos recollidos ata o pasado día 16, a variante ómicron xa representa case un 30 por cento do coronavirus presente na cidade

G24.gal 24/12/2021 13:58

A sexta vaga reactivou a medición de carga viral nas augas da Coruña, e as novas que CovidBens acaba de facer públicas preocupan. 

Segundo os datos recollidos ata o pasado día 16, a variante ómicron xa representa case un 30 por cento do coronavirus presente na cidade. A realidade é que a día de hoxe aínda pode ser máis.

As previsións indican que a curva seguirá subindo e que en apenas unha semana, ómicron será xa a variante predominante. 

Hoxe a área sanitaria da Coruña e Cee chega aos 459 contaxios, son 53 máis ca onte, que elevan ata os 3.325 a cifra de positivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos