Publicador de contidos

Publicador de contidos

As aeroliñas españolas piden a fin da obrigatoriedade das máscaras a bordo

As aeroliñas españolas piden a fin da obrigatoriedade das máscaras a bordo

España é o último país europeo onde son obrigatorias en vóo

As compañías aéreas considéranse discriminadas pola normativa 

Din que é un absurdo, cando case desapareceron na vida cotiá

G24.gal 24/11/2022 14:48

As aeroliñas españolas pídenlle ao Goberno que elimine a obrigatoriedade do uso da máscara no interior dos avións. España é o último país europeo en manter esta normativa e consideran que os prexudica.

Seguimos poñendo a máscara en centros sociosanitarios, en farmacias e no transporte público. Tamén no interior dos avións, pero as aeroliñas españolas piden que isto cambie porque usalas a bordo no resto de Europa xa non é unha obriga. Preguntamos se é o momento de retirar a medida.

Juan Gestal, profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública, di que "o transporte aéreo é o que permite uns aires no interior con maior limpeza e ademais renovase cada tres minutos o cen por cento dese aire". 

Hai quen se resiste, porque cre que a máscara da máis seguridade no voo. Outros din que "se non se usa en lugares pechados como cines ou bares, non vexo por que usala no avión", e ven con bos ollos que de obriga pase a recomendación.

Isto é o que piden as compañías españolas, que se ven prexudicadas e reclaman unificar criterios co resto de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade