Publicador de contidos

Publicador de contidos

As abellas: fundamentais na polinización, esenciais para a supervivencia do medio

As abellas: fundamentais na polinización, esenciais para a supervivencia do medio

Este venres celébrase o Día Mundial das Abellas cun chamamento a traballar pola súa supervivencia

G24.gal 20/05/2022 14:41

O seu gran labor na polinización sitúa as abellas como seres esenciais para a supervivencia dos humanos. Se engadimos os produtos saudables que da súa actividade, obtemos que o valor deste insecto se reforza, se cabe.

Por iso, pola súa calidade e por manter esta actividade importante na economía rural, desde Mel de Galicia instan pola elección de produto autóctono.

"O mel pódese importar, non falemos xa da calidade, pero o que non poderiamos importar nunca é a polinización. Esa téñena que facer aquí as nosas abellas e os apicultoras e apicultores. Este ano imos ter moitas froitas de carabuña, sobre todo porque as abella polinizaron moito nesas datas e mantéñennos esta Galicia tan verde e tan florida", di Ester Ordóñez, veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia e presidenta da IXP Mel de Galicia.

As velutinas son, canda as enfermidades propias, as grandes ameazas coas que se enfronta as abellas. En pleno auxe da avéspora asiática, elas seguen saíndo para aproveitas as boas condicións que está a ofrecer a natureza para o mel.

"Esta campaña prevese moi boa. Na zona da costa xa está a ser boa pola abundante floración de eucalipto, elas puiderona proveitar pola climatoloxía, que lles axudou, tamén toda a floración de queirogas é boa e hai unha collelta excepcional como hai anos que non había. No interior aínda estamos á expectativa, porque falta a floración da silva, o castiñeiro, o carballo", di Ester.

Ademais do mel, as abellas proporcionan outros produtos saudables como o pole e o propóleo, que tamén serven de base para moitos outros de alimentación ou coidado persoal.

E se por esta non fora razón dabondo para coidar e defender as abellas e o mundo da apicultura de Galicia, Ester Ordóñez reitera a que nos atinxe a cadaquén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade