Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así chegan Obradoiro e Breogán ao gran derbi galego da ACB

Así chegan Obradoiro e Breogán ao gran derbi galego da ACB

G24.gal 22/01/2022 14:17

O Obradoiro busca no derbi un partido para recupera-lo sorriso e forza-la reacción. Deportiva e anímica.

Logo de dúas derrotas e de complicar a súa sitiación na táboa, precisa dun triunfo que tranquilice e reconduza. Moncho insiste en que si é por gañas, por fame de vitoria...

Mais se reparamos no nivel defensivo. Aí está a ter un problema. Esta mañá traballaban arreo en Fontiñas. Porque nos últimos catro encontros o equipo encaixou máis de 90 puntos e por aí se lle están a escapar os partidos. Diagnóstico claro que contrasta coa fortaleza e o momento do Breogán.

Moncho conta con tódolos efectivos. Terá que facer un descarte pro partido deste domingo. Ás oito, aquií no Sar. Esta mañá había campionato de España de karate. O de mañá tamén será outro bonito combate.

O Breogán acepta o desafío obradoirista e confésase preparado para a batalla do Sar.

A fronte das operacións e como estandartes do baloncesto galego na pista, dous irmáns.  Erik e Sergi Quintela, quenes deciden afrontar o reto coas súas armas.

A principal ameaza breoganista vén de Bosnia, chámase Musa e lidera as clasificacións de anotación e de valoración da Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar