Artemis II inicia a manobra de regreso á Terra
A primeira correción de traxectoria foi un éxito e xa abandonou a esfera de influencia lunar
A previsión é que amare na madugada do venres ao sábado
A NASA difundiu as imaxes capturadas pola tripulación da cápsula Orion cando pasaron pola cara oculta da Lúa, nunca antes explorada polo ser humano. E viron unha perspectiva inédita da Terra, dende o horizonte lunar, ademais doutras imaxes de impacto como unha eclipse solar total.
Compartiron unha secuencia de case dous minutos gravada co sistema de cámaras da nave, dende diferentes ángulos. O que descubiron axudará a novos proxectos como instalar unha base estable na Lúa ou a futura exploración de Marte.
As fotografías foron compartidas ao mesmo tempo que os astronautas comezaban a manobra clave para regresar á Terra: o acendido de motores para cambiar a traxectoria. A primeira corrección foi un éxito e xa abandonaron a esfera de influencia lunar para volver entrar baixo o control da gravidade da Terra.
Os astronautas dedicarán estes últimos días a preparar a nave, o equipo e os traxes para o regreso.
A NASA prevé que o fagan na madrugada do venres ao sábado, cun clima favorable. Aterrarán no mar preto de San Diego e alí serán recollidos por un barco do exército.