Publicador de contidos
Publicador de contidos

Art for Dent recibe o apoio do Grupo Nove de cociña con exposicións nos seus locais

Art for Dent recibe o apoio do Grupo Nove de cociña con exposicións nos seus locais

G24.gal 12/12/2021 22:47

En todo o mundo hai menos de cincocentas persoas diagnosticadas de Dent, unha enfermidade renal rara de orixe xenética para a que aínda non hai tratamento. En Galicia, catro familias uníronse nunha asociación dedicada a impulsar a investigación con proxectos como Art for Dent, co que, entre outros, colabora o grupo Nove. Nos seus restaurantes os cadros que pinta Hugo, un neno con Dent de oito anos, serven para visibilizar a enfermidade, descoñecida para a inmensa maioría da poboación.

O Ladrón de soños atrapa a atención de cada persoa que entra no restaurante Bido da Coruña. En total sintonía coa estética do local, o cadro de Hugo é unha ventá que se abre para que a enfermidade de Dent deixe de ser descoñecida.

A través dun código QR tomamos contacto coa actividade da Asociación Galega de Dent. Son catro familias que atoparon na arte o mellor vehículo para visibilizar a enfermidade e para conseguir fondos que axuden a avanzar na investigación. Desde os restaurantes do Grupo 9 - este é o Silabario, en Vigo-, os acrílicos de Hugo dannos a oportunidade de saber máis e de colaborar.

Durante o que queda de ano, as obras de Hugo acompañarán a experiencia gastronómica nos restaurantes Nove. O proxecto Art for Dent apoia o labor do Nefrochus do hospital clínico de Santiago, referente galego na investigación desta enfermidade renal rara.
 



 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade