Arrinca a Semana Santa en que a DXT prevé 1,8 millóns de desprazamentos en Galicia
A operación especial de tráfico por estas vacacións comeza ás 15:00 deste venres e rematará na medianoite do luns 10 de abril
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé 1,8 millóns de desprazamentos en Semana Santa en Galicia, informou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.
A operación especial de tráfico para esta semana Santa empeza ás 15 horas deste venres e termina a medianoite do luns 10 de abril.
A previsión -que non inclúe os días laborais do 3 e o 4 de abril- é de 1.792.000 desprazamentos na comunidade galega, con 538.000 na Coruña, 582.000 en Pontevedra, 291.000 en Lugo e 381.000 en Ourense.
Rivas reclamou prudencia ao volante co obxectivo de que a Semana Santa finalice sen vítimas nas estradas galegas, detalla a Subdelegación nun comunicado.