Arrinca a época máis animada no Museo Galego do Entroido
Os visitantes aproveitan para coñecer as tradicións de toda Galicia sen desprazamentos
O museo reúne máis de medio cento de traxes e máscaras e segue crecendo
Tamén recibe numerosas visitas de colexios de educación primaria e infantil
Poucas veces uns cativos visitan con tanta emoción e interese un museo. "A min gustoume moito porque tiven unha experiencia preciosa e aprendín cousas que non sabía". "O loro Ravachol, todos os traxes, as olas do oleiro", comentan un neno e unha nena de cuarto de Primaria.
O percorrido polo museo é ademais un camiño no tempo, ao longo da historia dos distintos entroidos e do seu territorio.
Carlos Martínez, responsable do Museo do Entroido: "Sorpréndente o coñecemento que chegan a ter sendo tan cativos. Nótase que o levan tamén no sangue".
Domingo Corredoiro
Esta fin de semana en Xinzo celébrase o Domingo Corredoiro e saen por primeira vez as pantallas. Tamén hai Corredoiro en Verín, a estrea do cigarrón, que recibirá os fregueses á saída da misa.