Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca Pinchanogrove, un concurso de tapas con 12 petiscos salgados e 6 doces

Arranca Pinchanogrove, un concurso de tapas con 12 petiscos salgados e 6 doces

As tapas poderán degustarse ata o 22 de marzo, cun prezo de 2 euros as doces e 3,50 euros as salgadas

G24.gal 06/03/2026 14:57

A gastronomía meca saca músculo no concurso de petiscos Pinchanogrove, un certame que naceu para dinamizar a hostalería da vila en tempada baixa.

"Consegues un movemento de xente nunha época que isto está moi parado, e é un escaparate para eles", explica o organizador do evento, Alberto Figueiro. 

Esta é a sexta edición do concurso, que arrancou en 2013 pero non conseguiu manter a periodicidade anual. Con esa meta arrancan este ano. Nesta edición haberá 12 petiscos salgados e, por primeira vez, celebran o Pinchadoce, con seis propostas doces a concurso. Queren facer destas mostras de gastronomía en miniatura un recurso turístico. 

"Para que non todo sexa comer, organizamos un programa paralelo de actividades para nenos e adultos", explica Figueiro. "Haberá obradoiros, concertos e máis cousas para facer, entre pincho e pincho", engade. Todo, entre o 6 e o 22 de marzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade