Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o curso de Educación Infantil con récord de matriculados

Arranca o curso de Educación Infantil con récord de matriculados

O curso empeza oficialmente este martes

É o segundo ano que a educación de 0 a 3 anos é de balde

G24.gal 04/09/2023 18:54 Última actualización 04/09/2023 19:42

Este martes empeza oficialmente o curso de Educación Infantil. Aínda que este luns as aulas xa foron recibindo os alumnos.

Este é o segundo ano que en Galicia, a educación infantil, a dos nenos de entre 0 e 3 anos, é completamente de balde.

Galicia é a comunidade autónoma pioneira en implantar a gratuidade total, oito horas ao día, once meses ao ano.

Cada familia pode aforrar de media uns 2.000 euros por fillo cada curso. Un aforro que disparou a demanda.

Segundo os datos do ministerio, a taxa de matriculación de cero a tres anos en Galicia é do 56 %, das máis elevadas de España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade