Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a Festa do cine con entradas a tres euros e medio durante catro días

Arranca a Festa do cine con entradas a tres euros e medio durante catro días

Serán catro días en que o custo para acudir as salas se reducirá aos tres euros e medio

G24.gal 03/10/2022 21:44

A Festa do cine regresa ás salas desde hoxe ata o vindeiro xoves. As catro provincias galegas contan con salas adheridas a esta iniciativa que permite aos cidadáns gozar dunha película na gran pantalla por tres euros e medio. 

As persoas interesadas en acudir ao cinema dende hoxe ata o día 6 de outubro xa poden acreditarse tanto de forma individual como por grupos dun máximo de dez persoas. En Galicia son vinte os cines adheridos a esta promoción, e é a provincia da Coruña a que máis achega, con dez.

Sempre é bo momento para vir ao cine pero estes días os que veñan poderán gozar de grandes películas aspirantes ao Óscar, unha das películas de terror do ano, dúas grandes cintas españolas ou a reestrea do blockbuster máis visto da historia, como Avatar, que no Nadal estreará a súa segunda parte 13 anos despois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade