Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ares celebra a festa indiana con queixas pola subministración de auga

Ares celebra a festa indiana con queixas pola subministración de auga

Ares viaxa atrás no tempo en lembraza da emigración a América

Residentes na vila quéixanse dos problemas que hai na subministración de auga

G24.gal 17/08/2024 14:18

Ares festexa o seu pasado emigrante durante toda a fin de semana coa festa indiana. E faino con obradoiros para os máis pequenos, visitas guiadas, música, conferencias e gastronomía.

"É a primeira vez que estou na festa Indiana, adoitabamos vir para as festas do San Roque, e estou moi contenta, encántame".

"Representando os nosos familiares, que por alá quedaron moitos deles".

Pero desta volta, o evento cadra coas queixas de moitos veciños polas carencias na subministración de auga.

"Vivo nun segundo e a partir das 9 da mañá sae pouca auga. Non podo poñer a lavadora, nin o quentador, e ás 10, menos. Pola tarde, a partir das 7:30 ou 8, cando a xente volve das praias, o mesmo".

"Xente que está poñendoa lavalouzas ou a lavadora e paran e dan erro porque non hai caudal de auga dabondo".

Din que hai que madrugar para ducharse ou optar pola auga fría, e que este problema acontece, sobre todo, no mes de agosto, cando a poboación se triplica e cada fin de semana hai unha festa.

"Levamos veraneando aquí 33 anos. É o Concello o que concedeu as licenzas permitindo que se edifiquen terceiros, cuartos e quintos pisos. Cando vas queixarte, preguntan en que planta vives. Nun cuarto pagamos os mesmos impostos que nun baixo".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade