Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arenteiro e Lugo comezan a amosar feituras para a temporada (1-1)

Arenteiro e Lugo comezan a amosar feituras para a temporada (1-1)

Iván Ramos e Idrissa marcaron os goles

O equipo do Carballiño levou o trofeo na quenda de penaltis

G24.gal 12/08/2023 08:44

O Arenteiro e o Lugo empataron en Espiñedo (1-1) nun partido no que os dous equipos evidenciaron a súa melloría. O encontro tivo tensión competitiva, por momentos demasiada, e resultou unha gran proba de cara ao campionato. 

Os goles chegaron no segundo tempo. Marcou Iván Ramos para os locais (57') e empatou Idrissa Thiam pouco despois (67'). Na quenda de penaltis houbo tres erros e Álex Fernández ergueu o trofeo. 

Arenteiro: Pablo Brea, Germán, Javi Moreno, Vitra, Pol Bueso, Jordan, Curro, Pibe, Tiago, Juan Delgado e Miku. Tamén xogaron Álex Fernández, Romay, Iván Ramos, Marquitos, Manín, Manu Bardelás e Sergio.

Lugo: Lucas Díaz, Carlos Julio, Gorka, Morgado, Javi Vázquez, Ojeda, Rosón, Jorge González, Idrissa, Quintana e Ledesma. Tamén xogaron Tabuaço, Taghizada, Bernardo, Castrín, Aguza, Cuéllar, Torrado, Fuentes, Sabit, Edu Taboada, Álex Lizancos, Damián, Rubal e Hugo.

GOLES: 1-0, min 57: Iván Ramos, 1-1, min 67: Idrissa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar