Cargando resultados...
Arden tres colectores de lixo esta madrugada na rúa Río Navea en Ourense
Foron os propios veciños os que chamaron os servizos de emerxencia, asustados pola virulencia do incendio
Non houbo que lamentar danos persoais
G24.gal
22/02/2022 12:04
Un bo susto o que levaron os veciños do barrio do 21 en Ourense. Arderon tres colectores de lixo esta madrugada.
Foron os propios veciños os que chamaron os servizos de emerxencia asustados pola virulencia dun incendio cunha intensa fumareda e no que as lapas chegaban á altura do segundo andar dunha vivenda.
Ao lugar acudiu a Policía Local e os bombeiros para evitar que as lapas ocasionasen danos maiores. Cando chegaron, o incendio estaba xa moi avanzado.
Non houbo que lamentar danos persoais, pero o lume afectou varios coches.