Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden dous coches abandonados en Pontevedra

Arden dous coches abandonados en Pontevedra

O incendio prodúcese días despois de arder outro vehículo abandonado que estaba estacionado ao seu carón

Os terreos da antiga Tafisa están a ser un punto de venta de pezas de coches abandonados

G24.gal 02/05/2023 13:40

É o segundo incendio en menos dunha semana nun dos aparcadoiros na zona do parque de Tafisa, canda a avenida de Bos Aires en Pontevedra. Eran as sete e media da tarde cando unha fumareda alertaba os paseantes na zona.

Por causas que se descoñecen, arderon dous coches abandonados a carón doutro que quedara carbonizado hai poucos días. Os terreos da antiga fábrica a estanse  a converter nun aparcadoiro improvisado de coches abandonados na cidade do Lérez.

Algúns veciños cren que a explanada se converteu nun despezamento onde venden pezas de segunda man e mesmo en vivenda dalgúns indixentes. Algo que está a causar problemas de inseguridade e falta de hixiene. 

En Pontevedra hai unha vintena de coches abandonados. Algúns foron roubados noutras localidades, e outros porque os propietarios non poden mantelos. 

Cando pasan trinta días na rúa, o Concello tenta localizar o dono para que o retire. Se non pode ser, ponse en marcha o expediente de declaración de refugallo sólido urbano para retiralo. O problema é que expirou o contrato coa empresa responsable e polo de agora non hai este servizo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade