Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a capela de Santa Lucía, en Gondomar, nun incendio que se sospeita intencionado

Arde a capela de Santa Lucía, en Gondomar, nun incendio que se sospeita intencionado

Un veciño deu a voz de alarma de madrugada ao ver as lapas

G24.gal 18/11/2022 11:39

A Garda Civil investiga o incendio nunha igrexa de Gondomar que se sospeita que puido ser intencionado.

O lume afectou a porta da capela de Santa Lucía, na parroquia gondomareña de Vincios. O incendio comezou nuns papeis amoreados xunto con roupa e calzado e pegados á entrada da igrexa.

Ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil e os bombeiros, que extinguiron as lapas e procederon a ventilar o interior do templo, xa que estaba cheo de fume. Foi un veciño quen deu a voz de alarma ao ver as lapas de madrugada. A rápida intervención permitiu que só ardese unha parte da porta.

Todo parece indicar que se trata dun incendio intencionado. O propio sancristán trasladouse ata o lugar, onde mesmo explicaba que hai uns catro anos entraran roubar na igrexa e forzaran os petos de ánimas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade