Publicador de contidos

Publicador de contidos

APROINCO nega que os avais ás hipotecas vaian causar outra burbulla inmobiliaria

APROINCO nega que os avais ás hipotecas vaian causar outra burbulla inmobiliaria

A Asociación de Promotores Inmobiliarios aplaude a medida anunciada por Sánchez 

G24.gal 10/05/2023 08:52

A Asociación de Promotores Inmobiliarios descarta que os avais ás novas hipotecas que anunciou o presidente do Goberno vaian provocar unha nova burbulla inmobiliaria, como sostén Unidas Podemos. 

O xerente de APROINCO na Coruña Juan José Yáñez apuntaba nunha entrevista no Galicia por diante: "É absolutamente impensable, porque na época da burbulla inmobiliaria construíanse máis de medio millón de vivendas ao ano e agora non estamos chegando ás cen mil".

Yáñez engade que os bancos están sometidos agora a unhas normas de control moito máis estritas, polo que non ve risco de que se repita a situación que se viviu hai vinte anos.

Yáñez reclama ademais das Administracións que axilicen os trámites para poder construír vivenda nova, xa que non son capaces de cubrir a demanda do mercado: "Axilidade tanto na tramitación dos planeamentos como na concesión das licencias. Pensemos que hai proxectos de edificios en Galicia que levan máis dun ano e que non teñen licencia por criterios de interpretación, que moitas veces son puramente subxectivos do funcionario, e non damos atendido a demanda que hai".

O xerente de APROINCO aplaudiu a decisión do Goberno de destinar terreos do ministerio de Defensa á construción de vivenda protexida, pero advirte que esas residencias tardarán anos en estar dispoñibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade