Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apoteose branca na celebración da Champions e da Liga

Apoteose branca na celebración da Champions e da Liga

G24.gal 29/05/2022 23:11

O Real Madrid puxo o ramo á temporada coa celebración da Champions e da Liga. Unha cita apoteósica á que se sumaron milleiros de afeccionados do equipo branco que estiveron en cada un dos puntos de festexo. 

O periplo comezou pola Catedral da Almudena e continuou pola Comunidade e polo Concello. Rematou no centro de celebracións de todos os títulos brancos, a Fonte de Cibeles, coroada polo capitán Marcelo. 

Os festexos trasladáronse ao Santiago Bernabeu, onde foron saíndo, un a un, todos os xogadores que participaron nesta histórica temporada para un Real Madrid que levou a súa 14.ª Champions e a Liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade