Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Aparece o veciño de Ponteareas que faltaba desde o sábado
Foi atopado en bo estado en Tomiño
 
            
                            G24.gal
                        
                            18/09/2023 17:33
                        
                        
                        
                        
                    
                    Apareceu en bo estado o veciño de Ponteareas que desaparecera o pasado sábado pola mañá. Foron os traballadores dun viveiro os que o atoparon en Tomiño.
Estaba desorientado e foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A busca do home, de 46 anos, centrárase en Ponteareas, onde viran a súa furgoneta por última vez.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
                