Aparece o cadáver dun home no río Lérez

Un particular avistou o cadáver flotando e avisou a emerxencias

As primeiras informacións apuntan a que se trata dunha persoa de idade avanzada

G24.gal 26/10/2023 17:29 Última actualización 26/10/2023 21:04

Un particular avistou o corpo dun home flotando en augas do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes, na tarde deste xoves. 

As forzas de seguridade desprazáronse ata o lugar e os bombeiros rescataron o cadáver. As primeiras informacións apuntan a que se trata dunha persoa de idade avanzada pero non transcendeu ningún dato máis.  Non levaba documentación nin presentaba sinais de violencia.

A pollicía abriu unha investigación para averiguar a súa identidade e as causas da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade