Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece morto por disparos de escopeta un matrimonio en Albuñol, Granada

Aparece morto por disparos de escopeta un matrimonio en Albuñol, Granada

De momento descoñécese as causas e investigan se pode ser un posible caso de violencia machista

Na vivenda rexistráronse tres detonacións que alarmaron os veciños, que avisaron a un dos catro fillos e a Garda Civil

G24.gal 25/07/2022 09:54 Última actualización 25/07/2022 12:25

A Garda Civil investiga como un presunto caso de violencia machista a morte por arma de fogo dunha muller de 50 anos e o seu marido, duns 60, en Albuñol, Granada.

Os feitos ocorreron a pasada media noite nunha vivenda da estrada do Visillo, onde foron achados os corpos sen vida de ambos. Á espera do resultado da autopsia, todo apunta a que o home matou a súa muller cunha escopeta e posteriormente suicidouse, segundo a Garda Civil.

O delegado do Goberno en Andalucía explicou que a autopsia, que se lles vai practicar maña, e a secuenciación dos disparos será determinante para confirmar se se trata dun novo caso de violencia machista.

A muller Trinidad M.M. non tiña presentado denuncias contra o home nin solicitara ningún dos servizos que ofrece o sistema VioGén, aínda que si estaba inmersa nunha posible separación.

O  delegado do Goberno tamén explicou que na vivenda se rexistraron tres detonacións que alarmaron os veciños e que mobilizaron un dos catro fillos e a Garda Civil.

Un dos tres disparos rexistrados coa escopeta impactou nunha parede da vivenda, outro provocou a morte da muller e o terceiro co vida do home, no que parece un suicidio ao dispararse no abdome.

A alcaldesa de Albuñol, María José Sánchez explicou que o matrimonio se dedicaba a dedicaba á agricultura e que tiña con catro fillos. Tamén dixo que era "coñecido e bastante querido" neste municipio de algo máis de 7.000 habitantes.

O Concello de Albuñol suspendeu as festas patronais e debaterá na xunta de portavoces a convocatoria de tres días oficiais de loito pola muller asasinada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade