Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece morto o padrasto dun menor desaparecido en Paradela logo de que a nai se suicidase hai días

Aparece morto o padrasto dun menor desaparecido en Paradela logo de que a nai se suicidase hai días

O rapaz, de 15 anos, falta da casa desde hai unha semana

A nai foi atopada morta na casa cando axentes da Garda Civil foron preguntar polo fillo ao non asistir a clase

O padrasto foi localizado este luns morto, aparentemente por suicidio

G24.gal 09/05/2022 16:49

O caso do menor desaparecido en Paradela hai unha semana deu este luns un novo xiro dramático.

A comandancia de Lugo da Garda Civil confirmou que o padrasto do cativo tamén apareceu morto no domicilio familiar e que a causa foi un suicidio. O pasado venres era a nai do menor, de Colin, que así se chama o rapaz, a que aparecía morta tamén por un suicidio.

O pai do adolescente segue nos Países Baixos, non se desprazou a Galicia e, polo tanto, non se puido presentar denuncia por desaparición. Con todo, colectivos veciñais de Paradela fan un chamamento para que se intensifique a busca do menor ata dar co seu paradoiro.

Segundo fontes próximas á investigación, tanto no caso da nai, de nacionalidade holandesa, como do padrasto, ambas as mortes son por suicidio.  

A muller foi achada no seu domicilio, situado na parroquia de Ferreiros, o pasado venres, cando axentes da Garda Civil e persoal dos servizos municipais foron á casa para preguntar polo menor, xa que non acudira á clase desde o luns. 

A parella da muller, que tampouco se atopaba no domicilio na xornada do venres, foi localizada máis tarde. Este luns, axentes da Garda Civil regresaron á vivenda e atopáronse co cadáver do home.  

Os primeiros indicios tamén apuntan ao suicidio como causa da morte do padrasto do menor, que permanece en paradoiro descoñecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar