Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece morta no río a muller desaparecida o martes en Boborás

Aparece morta no río a muller desaparecida o martes en Boborás

Tiña párkinson e precisaba da medicación que lle subministraba un dispositivo a batería

Emérita Nogueira Prejigueiro Emérita Nogueira Prejigueiro
G24.gal 19/09/2024 18:16 Última actualización 19/09/2024 20:48

Apareceu o corpo da muller desaparecida o martes en Boborás. Trátase de Émerita Nogueira Prejigueiro, que tiña 73 anos e residía na Coruña coa súa filla, pero estaban pasando as vacacións na localidade.

Segundo indicou a Garda Civil, o corpo foi atopado nun río pasadas as 18 horas.

O martes, pouco despois de que a familia denunciase a desaparición, o Concello de Boborás, en Ourense, pediu colaboración cidadá para atopala. Ademais informou de que a muller estaba conectada a unha máquina e que era "esencial atopala canto antes".

Padecía de párkinson e tiña un dispositivo electrónico que funcionaba por batería para subministrarlle a medicación.

Aparentemente, a muller discutira coa súa filla, quen se desprazou ata a súa casa, pero ao chegar xa non atopou a súa nai. Chamouna en varias ocasións ao teléfono, pero non contestou, polo que a Garda Civil iniciou a súa procura.

Na busca participaron polo menos unha trintena de persoas, cans de rastrexo, un helicóptero e dous drons. Desafortunadamente, cando a atoparon no río xa falecera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar