Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece en Santiago o cadáver dunha muller que podería ser María Chico

Aparece en Santiago o cadáver dunha muller que podería ser María Chico

A muller padecía alzhéimer e faltou da súa casa o 7 de agosto

A zona onde localizaron o corpo está preto da casa onde pasaba o verán

O lugar onde apareceu o corpo estaba afastado do camiño
G24.gal 20/02/2022 18:58

Un grupo de cazadores localizou este mediodía o cadáver dunha muller nun monte de Santiago. Á falta da identificación definitiva, todo apunta a que podería ser o de María Chico, a muller de 77 anos que desapareceu este verán preto do lugar onde se localizou o corpo.

O corpo estaba a uns dous quilómetros da casa onde María pasaba o verán. A altura da maleza e a zona onde apareceu, afastada do camiño, probablemente impediu que fose localizada nas batidas que se fixeron para dar con ela.

María Chico sufría alzhéimer e a súa familia regresou a Alemaña, onde vivían, despois dunha intensa busca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade