Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparatoso accidente en Lugo: a bañeira dun camión queda enganchada nunha ponte

Aparatoso accidente en Lugo: a bañeira dun camión queda enganchada nunha ponte

Por mor do accidente na A-6 quedou ferido o condutor dun coche que circulaba detrás do vehículo pesado

G24.gal 14/04/2023 11:03 Última actualización 14/04/2023 11:10

Accidente aparatoso na A-6 en Lugo á altura de San Vicente de Pedreda no punto quilométrico 495, en dirección Madrid. A bañeira basculante dun camión levantouse e quedou encaixado contra un paso elevado. A forza do impacto fixo que o semirremolque saíra despedido, quedando na metade da calzada. Contra el impactou un turismo. 

O sinistro ativo lugar pouco antes das 10 da mañá , un par de centos de metros antes da saída da A-A6 que comunica coa estrada que vai de Lugo á Fonsagrada.

A bañeira do camión quedou incrustada sobre este paso elevado sobre a A-6.  Invistíganse as causas polas que a peza se elevou mentres circulaba o vehículo. O caso é que enganchou sobre a ponte e a forza do impacto desprendeu o semirremolque do camión, que sen bañeira nin cabeza tractora foi parar ao medio da vía.

A condutora dun turismo  que circulaba detras, atopouse de fronte, por unha parte, o muro no que se converteu a bañeira en vertical, e por outra co semirremolque na calzada, e non puido evitar o impacto. A muller resultou ferida e foi trasladada ao hospital Lucus Augusti.  
O condutor do camión saíu ileso.

O accidente obrigou a regular o tráfico e a cortar un dos carrís da A-6 en sentido Madrid mentres se procedía á retirada dos vehículos accidentados. 

O 112 mobilizou o 061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Lugo, os bombeiros, Protección Civil e persoal de mantemento da estrada. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade