Ao Deportivo faltoulle pólvora para superar o Raio Majadahonda
Ao Deportivo faltoulle pólvora para superar o Raio Majadahonda
Os de Idiakez foron moi superiores, mais non materializaron a vantaxe
O Deportivo saltou ao campo sendo moi propositivos, mais os de Idiaquez chocaron constantemente fronte a defensa madrileña.
Unha primeira metade en que o perigo chegaba nas botas de Yeremay e dos seus desbordes dende a banda esquerda, mais non conseguían definir.
A ocasión máis clara chegaría tras un córner golpeado por Lucas Pérez no que tras un remate na área pequena, o balón chegaría ás mans do novo porteiro visitante.
Na segunda metade sería o mesmo guión e o Deportivo continuaría apertando, pero sen éxito. O máis perigoso foi un gol anulado a Lucas por un dubidoso fóra de xogo, mais os coruñeses tamén terían o tanto nas botas de Barbero despois dun erro do porteiro que sandaría o seu central.
Remataba o encontro co 0-0 e os de Idiakez demostran que aínda precisan afinar a puntería.