Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio López seguirá sendo o reitor da USC ata 2026

Antonio López seguirá sendo o reitor da USC ata 2026

Encabezaba a única lista que se presentou ás eleccións

G24.gal 23/02/2022 21:41

Antonio López foi reelixido reitor da USC. A candidatura que encabezaba, a única que concorreu ás eleccións, recibiu 1.636 votos. López dixo estar ilusionado e disposto a traballar para que os próximos sexan catro anos de progreso para a Universidade de Santiago.

A participación media foi de algo máis do 14 %, seis puntos menos que nos anteriores comicios, e con importantes diferenzas entre colectivos: votou o 77,5 % de persoal docente e investigador con vinculación permanente e o 6,2 % dos estudantes.

En total emitíronse 3.847 sufraxios, dos que 2.211 foron en branco. No sector dos alumnos rexistráronse máis votos en branco que a favor da única lista. 

Antonio López afronta o novo mandato coa intención de  traballar para darlles estabilidade aos investigadores contratados, en favor da remuda xeracional na USC e para avanzar na dixitalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade