Antonio López inicia o seu segundo mandato como reitor poñendo o foco na necesaria renovación da USC
Antonio López inicia o seu segundo mandato como reitor poñendo o foco na necesaria renovación da USC
Marca como retos para os próximos anos a remuda xeracional da institución e o impulso da investigación
Catedrático de Dereito, nado en Barreiros en 1964, Antonio López defendeu no seu discurso os logros da institución durante a pandemia e anunciou que haberá en Galicia un grao universitario en Intelixencia Artificial a partir do ano que vén.
O reitor marcou como reto para os próximos anos o impulso investigador, a remuda xeracional e a renovación das infraestruturas dos campus de Santiago e Lugo. A institución contará cun presuposto de 2.457 millóns de euros para os próximos cinco anos.
"Dispoñer deste plan financeiro, claro e previsible para o próximo quinquenio, é un elemento esencial para facer realidade a autonomía universitaria, recoñecida constitucionalmente", afirmou.