Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo: "Yeremay está encantado coa súa nova posición"

Antonio Hidalgo: "Yeremay está encantado coa súa nova posición"

O Deportivo recibe a un Sporting que gañou os tres partidos de liga

Foto Deportivo
G24.gal 05/09/2025 12:37 Última actualización 05/09/2025 13:17

Antonio Hidalgo, adestrador do Deportivo, espera un partido de máxima dificultade ante o Spórting, xunto ao Rácing o único equipo que arrincou con pleno de vitorias.

“É un gran rival, poñeranos as cousas moi difíciles. Empezou de maneira excelente a tempada”, avisou.

Na súa comparecencia ante os xornalistas, o técnico deportivista dixo que ten na súa cabeza “o plan de partido” e sinalou que “canto máis preto” do que el pensa estarán “máis preto” da vitoria.

“Estamos preparados, tentaremos buscar as debilidades do rival e esconder as nosas”, manifestou Hidalgo, que pediu entender “as situacións de partido e como nos vai empuxar Riazor”.

 Hidalgo entende o debate sobre a posición do internacional sub-21 Yeremay Hernández, pero recalcou que se o canario levase “algún gol máis” non se estaría falando diso.

“Os debates están ben, sobre todo se teñen unha idea. Eu non lle dou tantas voltas porque ao final buscamos a maior influencia de Yere. El está encantado coa nova posición, pero evidentemente necesitamos que ese caudal ofensivo poida aparecer moito máis porque ten ocasións clarísimas en cada partido”, explicou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade