Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo: "Luis Chacón é un xogador diferencial"

Antonio Hidalgo: "Luis Chacón é un xogador diferencial"

O Deportivo enfróntase este sábado á Cultural Leonesa sen Mulattieri

Non poderá xogar Luis Chacón, cedido no equipo leonés, por unha cláusula 

G24.gal 07/11/2025 12:29

Antonio Hidalgo compareceu esta mañá na rolda de prensa previa ao encontro deste sábado en Riazor ante a Cultural y Deportiva Leonesa (18.30h). O técnico destacou o xogo ordenado do equipo que dirixe José Ángel Ziganda, que se atopa na zona media da táboa, en 15ª posición. Polo equipo coruñés non estará dispoñible Mulattieri. O italiano avanza pouco a pouco nas súas molestias musculares. 

Hidalgo destacou ademais a figura de Luis Chacón. O xogador de Pontedeume, cedido polo Deportivo na Cultural, está sendo "diferencial" e "protagonista" na temporada do equipo leonés. Desde o club coruñés siguen todos os seus avances e Hidalgo considera que a súa saída como cedido foi unha decisión moi acertada.

Chacón non poderá xogar este sábado por unha cláusula no seu contrato de cesión que impide que xogue contra o equipo que o ten en propiedade. 

O Deportivo quere recuperar as boas sensacións do inicio despois dun mes irregular. As últimas vitorias "cámbiano todo. Foron momentos difíciles e sabiamos que tiñamos que dar un paso adiante". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade