Cargando resultados...
Antón Reixa, Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes pola súa traxectoria
Foi membro fundador dos Resentidos, escritor e poeta no Colectivo Rompente e tamén produtor e director de cine

G24.gal
28/12/2021 20:39
O polifacético Antón Reixa vai recibir unha das Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Ministerio de Cultura.
Entre as 31 personalidades e institucións galardoadas neste 2021, recoñecen a traxectoria de Reixa: foi membro fundador dos Resentidos, un dos grupos máis influíntes da movida viguesa, escritor e poeta no Colectivo Rompente, e tamén produtor e director de cine, con películas como 'O lapis do carpinteiro'.
Reixa tamén colaborou coa Televisión en Galicia en programas como 'Sitio distinto' ou a serie 'Mareas vivas'.