Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Antía Chamosa estará no Europeo de atletismo
Adrian Ben e Belén Toimil tamén acudirán á cita de Múnic
                
                    
                        Antía Chamosa, nun adestramento en Pontevedra
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            02/08/2022 13:27
                        
                        
                        
                        
                    
                    Antía Chamosa é unha das grandes novidades da selección española no Campionato de Europa que se celebra en Múnic. Disputará a proba dos 35 quilómetros marcha; o ano pasado foi bronce como sub-23 nos 20 quilómetros.
Xunto a Antía Chamosa tamén foron convocados a mugardesa Belén Toimil, en lanzamento de peso, e o viveirense Adrián Ben, que correrá os 800 metros.
O Europeo dispútase do 15 ao 20 de agosto en Munic (Alemaña).