Publicador de contidos

Publicador de contidos

Angustioso rescate dunha cadela que quedou atascada nunha tubaxe baixo o asfalto en Boiro

Angustioso rescate dunha cadela que quedou atascada nunha tubaxe baixo o asfalto en Boiro

Sospeitan que Sombra accedeu por un extremo da tubaxe de pluviais perseguindo algún animal

Sobra ulisquea a tubaxe en que quedou atascada
G24.gal 06/01/2023 13:14

Traémoslles agora a historia con final feliz da trasnada protagonizada por Sombra. Unha cadela que lles deu un bo susto aos seus donos e que fixo traballar arreo aos bombeiros de Boiro para poder rescatala.

Sombra e Canela volven xogar e correr xuntas pola parroquia de Bealo, alleas ás angustiosas horas que viviron na véspera de Reis. Especialmente Sombra, a de cor negra, que foi a que protagonizou a trasnada.

Sospeitan que Sombra accedeu por un extremo da tubaxe de pluviais perseguindo a algún animal. Percorreu uns 30 metros ata quedar atascada. Tras intentar infrutuosamente sacala, Óscar alertou aos servizos de emerxencias. Foron os bombeiros de Boiro os encargados de realizar o delicado rescate cortando o asfalto como explica o cabo David Lago.

Pero Óscar e a súa parella so teñen palabras de agradecemento e admiración para o delicado traballo dos bombeiros. E de seguro que Sombra tamén o está.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade