Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ángeles Vázquez destaca a importancia de que os nenos tomen consciencia do coidado do medio natural

Ángeles Vázquez destaca a importancia de que os nenos tomen consciencia do coidado do medio natural

A conselleira de Medio Natural visitou o expositor da Semana Verde que acolle obradoiros para escolares

G24.gal 09/06/2023 14:33

Na feira internacional Semana Verde tamén hai un oco para os máis pequenos. A conselleira de Medio Ambiente visitou o expositor do seu departamento, que acolle, entre outras iniciativas, obradoiros para nenos. Os escolares documéntanse sobre aves migratorias e mesmo aprenden a modelar niños en barro. O obxectivo é que tomen conciencia da importancia do patrimonio natural.

"A Semana Verde de Galicia é unha grande oportunidade para poñer en valor o noso patrimonio natural. Son moitas as actividades que facemos en colaboración coa feira e os colexios da zona, e hoxe impartíronse distintos obradoiros", explicou Ángeles Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade