Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel Vales: "O Liverpool vive estas finais dunha maneira única. Nas remontas do Real Madrid conflúen calidade e mentalidade"

Ángel Vales: "O Liverpool vive estas finais dunha maneira única. Nas remontas do Real Madrid conflúen calidade e mentalidade"

O exanalista do Liverpool pasou polo Galicia en goles para falar da final da Champions League

G24.gal 28/05/2022 09:15 Última actualización 28/05/2022 12:25

Para conversar sobre a gran final europea de París quen mellor que un adestrador, profesor do INEF e con experiencia na análise dos datos de fútbol. El é Angel Vales, pioneiro no traballo co big data no Liverpool. 

"Calquera final da Champions é un motivo para estar moi atento. É unha obviedade, pero chegan os mellores equipos de Europa. Tiven a sorte, xa hai algúns anos, de traballar nesa institución que vive estos acontecementos dunha maneira moi especial. Viaxan 35.000 sen entrada. É unha experiencia única. Ademais é contra o equipo máis grande da historia, con 13 títulos e con ganas de competir ao máximo, ten espírito indomable " 

Ángel Vales quixo incidir a maneira na que chegaron ambos equipos a esta final.

"No Real Madrid conflúen dúas cousas, calidade e mentalidade, crer nas posibilidades e non baixar os brazos. Sendo realistas hai que recoñecer que o equipo branco tivo ese punto de fortuna nalgúns momentos destes partidos para facer o clic para que se conxuguen todas as sinerxías"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar