Cargando resultados...
Ángel Rodríguez quere continuar no Pontevedra
Lupe Murillo di que a planificación da próxima temporada comezará a semana que vén
G24.gal
18/05/2022 13:12
O Pontevedra estará a próxima campaña en 1ª Federación. Esta mañá os xogadores, técnicos e dirixentes foron recibidos polo presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda, socio do Pontevedra, celebrou o ascenso do equipo granate, que comeza a pensar no proxecto do ano que vén.
Seguirá Ángel Rodríguez no banco?
"Gustaríame, estou moi a gusto na cidade, o club medra. É un lugar ideal para medrar como técnico"
Lupe Murillo: "Aínda non falamos diso, a próxima empezaremos a falar de todo"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu o Pontevedra, que logrou o ascenso directo á Primeira Federación.