Os desbordamentos dos ríos Mendo e Mandeo causan anegamentos en Betanzos
A auga entrou en varios inmobles e negocios de varias partes da zona urbana
Contra as catro e media desta tarde volve haber preamar e os betanceiros xa extreman as precaucións
Completamente anegado atopou Diego o seu taller este xoves á mañá, contra as sete, cando se dispuña a comezar a xornada. "Sobe a marea, anéganos o taller e non podemos traballar", explica.
Fala desta zona do porto. Pero tamén se produciron asolagamentos noutros lugares da zona urbana, como no parque do Pasatempo ou na Ribeira. "Entou nos bloques 1 e 2". "O parque estaba completamente cheo de auga".
E é que, á primeira hora da tarde deste mércores, o nivel dos ríos Mendo e Mandeo volveu ser dos máis altos do ano provocando importantes anegamentos. "Todo isto estaba cheo de auga. Choveu moito tamén".
Coa baixada da marea, a situación foise normalizando. Porén contra as catro e media desta tarde volve haber preamar e os betanceiros xa extreman as precaucións.
"Xa non deixamos os coches cerca do parque porque alí chega". "Nós rematamos de traballar ases 15.00, pero aos que continúan pola tarde, non sei como lles irá".